Arquivos mensuais: Xaneiro 2008

Poemas 25 Novembro 2013

Un día como outro calquera

A historia que vos vou narrar
é só unha das moitas que vos podía contar.
Quen é el para facela sufrir nese momento?
Quen é ela para aguantar ese sufrimento?

Un día como outro calquera
ela agardaba polo seu amado
que chegou con cara de enfado
cando ela tiña feita a cea;
comezaron a discutir,
insultouna e con ela pelexou;
estaba cego, fóiselle das mans
e a vida dela aí rematou.

A historia que vos acabo de narrar
era só unha das moitas que vos podía contar.
Quen era el para facela sufrir nese momento?
Quen era ela para aguantar ese sufrimento?

Ángel Mourelle Abelenda 1º ESO C

 

Non deixemos que haxa
outra vítima máis
por xente que non coñece
o significado do amor,
respectar e admirar
esa persoa que no día
demostrou que ti
eras a súa única motivación.

Non hai que ocultalo,
necesitamos solucionalo;
é unha tarefa de todos
ter a forza de cambialo.

Pois, ao fin de todo,
é máis humano o que chora
que o que maltrata…

Analía Míguez González, 1º ESO C

 

 

 

Miña avoa díxome
unha vez que hai oracións
que dominan sentimentos.

Nunca me dera conta
ata agora, pero
hai xente que
chega ser
adestrada polas
palabras dun
humano famento…

Famento de felicidade,
famento da inexistencia
deses bos momentos,
famento das compañías
que non gañara
co paso do tempo.

Pois ás veces é mellor
coidar, respectar e valorar
o que tes
e non descoidalo
con falsos pensamentos.

Analía Míguez González, 1º ESO C
Non!

Atrapada en teas de araña
e algún que outro labirinto
que conducen a nada,
á morte e ao abismo.

Sen presente, nin futuro,
illada e nas sombras,
coa mirada perdida,
a súa vitoria é a derrota.

Co seu corpo está pagando
as angustias e tormentos,
cos gritos, o castigo
de vivir no inferno.

Debería marchar, escapar
dese sufrido destino,
indefensa, algo a ata,
a dependencia e os seus fillos.

Ela agacha a cabeza,
o temor faina máis forte,
somete para tela
e converterse en valente.

Axudemos a mulleres
que sofren de dependencia.
Basta de malos tratos
e vítimas de violencia!

Francisco Calvo González, 2º ESO A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Ben, dime. Como che van as cousas? –preguntoume Marta, a miña mellor amiga, mentres botaba azucre no café.
-Coma sempre –respondín con ambigüidade. Xa había tempo que non nos viamos, dende que ela marchara a Inglaterra tras conseguir, por fin, un lugar no mundo do periodismo.
-Supoño que segues casada con… Xaime, non? –asentín sen ganas- pois non sei como resistes. Seis anos coa mesma persoa? Que barbaridade!
-E que queres que lle faga? –murmurei con rabia. Intentei cambiar de tema- Canto tempo estarás aquí?
-Unha semana máis –mirou o reloxo- teño que marchar. Toma o meu número, para cando queiras falar. Adeus!
Observei como saía do bar e entraba no seu flamante Porsche con certa envexa. E non polo coche –que tamén- senón pola súa liberdade. Porque eu non seguía co meu marido por gusto, mais ben porque non tiña outra opción.
Polo camiño de volta fun pensando nos últimos catro anos da miña vida. Aguantando unha persoa horripilante por non ter coraxe.
Pero un día farteime. Déralle moitas voltas ao asunto. Antes só vía problemas ao “plan de fuga”, pero agora… Tiña unha boa amiga á miña disposición, alguén que me axudaría sen pensalo. Fixen a maleta e marchei, deixándolle ao meu futuro ex-marido unha nota moi “cariñosa” e, por fin, comezando esa nova vida que tanto ansiaba en Londres, sen preocuparme dos insultos e o mal xenio.
Helena Blanco Suárez, 2º ESO A

 

 

 

Ela, de pelo loiro,
pel branca como a neve
e ollos claros como o ceo.

El, un home repulsivo,
egoísta e controlador,
con mans grandes e grosas.

Namoráronse e casaron.
Todo era marabilloso,
unha vida perfecta.

Pasaron uns anos.
El non era o mesmo,
comportábase de maneira estraña,
diferente ao que ela coñecía.

O primeiro día golpeouna,
deixoulle varios negróns
na súa delicada pel.

Todos os días a mesma rutina.
Ela comezaba a sentir medo,
medo de non poder gozar da súa vida,
medo de non poder pasar tempo
co seu futuro fillo.

Pasaron dous anos.
Ela non tiña forzas para seguir.
Non sentía nada,
soamente dor.

Unha muller aperece morta nun cuarto,
o cuarto no que todos os días sufría.
Era ela.
Tiña mazaduras por todo o corpo.

Digamos non á violencia de xénero.
Non deixemos que máis mulleres inocentes
morran,
morran por non teren valor para falar
e denunciar.

Porque un home
depende dunha muller
ata para nacer,
aínda así,
trátanas desta maneira.

Samantha Regina Lema Paes, 2º ESO C

Crin nun amor verdadeiro.
Crin nun mundo diferente.
Fun fermosa por un día,
por un tempo soamente.

Dicías cousas bonitas,
namorando así a miña mente.
Fun vítima dun soño,
dun gran mar en que perderme.

Pregúntome se eras ti
quen me pegaba tan forte,
quen fixo sangrar os meus beizos
e golpeaba o meu ventre,
logrando empañar os meus ollos,
cun choro permanente.

Aguantaba a maldade
do teu corazón latente;
eu, descerebrada e tonta,
caín nas túas mans para sempre.
Por iso me fas sufrir
e me conduces á morte.

Alexandra Gerpe Villar, 2º ESO C

Por que?

Por que dixeches si quero?
Porque eras aventureiro.
Pero o tempo pasa,
coma unha rosa
murchando.
Xa non aguantabas máis,
escravo dos impulsos,
atacaches o que crías estupideces.

Sabía que era a primeira,
mais non a última vez.
Un perdón me dixeches.
Por que? Por que non avisei a policía?
Estábame convertendo noutra vítima.

A xente sabíao, era vítima para uns,
culpable por non facer nada, para outros.
Por que? Por que non avisei?
Porque tiña tantos motivos que non me crerían,
e outros aniquilaríanme, esnaquizaríanme.

Chegou o día,
xa non quería ser unha vítima.
Cría que a miña historia seguiría.
Por que? Por que remataría alí?
A miña dor será o teu sufrimento,
aínda que non soubese o que é ser querida.

Liroy Gil Rey, 2º ESO C